lunes, 6 de noviembre de 2017

PROXECTO "OS EXPERIMENTOS"

Este curso estamos a traballar co proxecto de "ARTE" nas nosas aulas. Debido ao gran interese dos cativos chegamos a indagar sobre as cores que se forman a partir das primarias e a súa curiosidade polos diferentes materiais que se poden empregar para ser uns grandes artistas.

Pero para isto é necesario un proceso, e debido ao gran interese dos nenos por experimentar o entorno e por saber "qué pasaría se...?", decidimos comezar a traballar este proxecto denominado "OS EXPERIMENTOS" de maneira paralela co da arte.

Hoxe comezamos facendo a nosa propia pintura de dedos das cores primarias. Para isto, apoiámonos no conto "Colores" de Hervé Tullet, que explica dunha maneira moi divertida cales son as cores primarias e cales xorden das mesmas.






ASÍ DE ENTRETIDOS E ATENTOS ESTIVEMOS NO NOSO PRIMEIRO EXPERIMENTO






Por se isto fora pouco, pintamos e plasmamos as nosas mans para representa-lo conto. Máis de un tivo algunha que outra cóxega. Mirade que grandes artistas somos...




E para rematar, nunha chuvia de ideas os nenos indagaron sobre diferentes técnicas e materiais que podemos empregar para pintar. Ademáis dos nosos dedos e do pincel, os bastonciños dos oidos tamen chegan a ser divertidos. Hoxe experimentamos con eles e a verdade é que o fixeron estupendamente. 



1 comentario: