lunes, 20 de noviembre de 2017

TRABALLAMOS CON CÍRCULOS

Adentrános un poquiño mais no proxecto da ARTE, realizamos un mural con círculos e puntos que progresivamente iremos completando con importantes autores e o traballo dalgunhas das súas obras.

Para isto, cantamos a canción do círculo conxuntamente e dixemos diferentes elementos que teñen forma circular. As respostas foron moi variadas e increíbles.

E o resultado do noso traballo foi este: 







miércoles, 15 de noviembre de 2017

VERDE, QUE TE QUERO, VERDE

Tra-lo éxito do noso primeiro experimento coas cores primarias, chegou o momento de experimentar con elas e indagar sobre as cores secundarias. 
Para isto, e partindo do conto "Pequeno azul e pequeno amarelo" de Hervé Tullet, descubrimos que se mesturamos a cor azul coa amarela xorde o... VERDE

Nos decidimos comprobalo de maneira práctica. 





E... EXPERIMENTO CONSEGUIDO
Deixamos reposar un pouco e comprobamos que as cores se mesturan. 




Por si isto fora pouco, continuamos experimentando, centrándonos neste caso mais na cor verde. 




jueves, 9 de noviembre de 2017

CONTINUAMOS COA INICIATIVA CONTRA OS INCENDIOS

Os nenos e nenas do seixo 1 xa son totalmente conscientes dos danos que provocan os incendios e os seus riscos posteriores. 
Tras o traballo realizado por eles conxuntamente na elaboración dun mural a nivel de aula e o traballo logrado entre todo o equipo docente mediante os nosos carteis de concienciación sobre os incendios con debuxos dos pequenos das diferentes escolas, onte saimos as rúas de Tomiño para colgalos en diversos establecementos. 




Queremos agradecervos a todos pola vosa colaboración e por facer isto posible 


martes, 7 de noviembre de 2017

EXPERIMENTAMOS UNHA CABAZA

Tras o paso da festividade do samaín e o gran interese por parte do nenos e nenas da nosa escola polas cabazas, esta semana estivemos experimentando con unha delas.
Primeiramente comentamos a súa cor e indagamos sobre aquelas que debemos mesturar para conseguir a laranxa. Tamén vimos a súa forma e o seu tamaño comparándoa con outras mais grandes e mais pequenas que tiñamos na aula.
Logo chegou o momento máis divertido: IMOS ABRILA.
Comprobamos que tiña dentro e tamén a ulimos. Resulta que para eles o seu cheiro en concreto semellábase ao de unha sandía.
A continuación foron os propios cativos os que a vaciaron e limparon para poder experimentar coas semillas que ten dentro e separalas das súas raíces. 









Para continuar coa tarefa, decoramos a nosa propia cabaza pegando lentellas sobre elas. 
Mirade que concentrados estivemos mentras traballábamos...




ESTE FOI O ESTUPENDO RESULTADO



lunes, 6 de noviembre de 2017

PROXECTO "OS EXPERIMENTOS"

Este curso estamos a traballar co proxecto de "ARTE" nas nosas aulas. Debido ao gran interese dos cativos chegamos a indagar sobre as cores que se forman a partir das primarias e a súa curiosidade polos diferentes materiais que se poden empregar para ser uns grandes artistas.

Pero para isto é necesario un proceso, e debido ao gran interese dos nenos por experimentar o entorno e por saber "qué pasaría se...?", decidimos comezar a traballar este proxecto denominado "OS EXPERIMENTOS" de maneira paralela co da arte.

Hoxe comezamos facendo a nosa propia pintura de dedos das cores primarias. Para isto, apoiámonos no conto "Colores" de Hervé Tullet, que explica dunha maneira moi divertida cales son as cores primarias e cales xorden das mesmas.






ASÍ DE ENTRETIDOS E ATENTOS ESTIVEMOS NO NOSO PRIMEIRO EXPERIMENTO






Por se isto fora pouco, pintamos e plasmamos as nosas mans para representa-lo conto. Máis de un tivo algunha que outra cóxega. Mirade que grandes artistas somos...




E para rematar, nunha chuvia de ideas os nenos indagaron sobre diferentes técnicas e materiais que podemos empregar para pintar. Ademáis dos nosos dedos e do pincel, os bastonciños dos oidos tamen chegan a ser divertidos. Hoxe experimentamos con eles e a verdade é que o fixeron estupendamente. 



martes, 31 de octubre de 2017

MAGOSTO EN AMORÍN

"OUTONO BONITO,
FOLLIÑAS NO CHAN.
CASTAÑAS ASADAS,
QUE RICAS ESTÁN"

Esta é a poesía que recitamos diariamente na asemblea, para recordar a estación na que nos atopamos.
Hoxe celebrouse na escola de Amorín o magosto do centro, no que todos nos disfrazamos con temática de samaín e bailamos, cantamos, disfrutamos con diferentes xogos, comemos chourizos con pan e castañas. Ademáis, algúns mestres do centro dramatizaron o conto de "Corre, corre. Cabaciña" e cantaron a canción.

A continuación podedes ver algunhas fotografías tomadas ese día. Espero que vos guste.
Dende a escola do seixo 1 queremos agradecer a ANPA pola súa colaboración. 




domingo, 29 de octubre de 2017

SEMANA TERRORÍFICA

ATRÉVESTE A PASAR Á NOSA AULA??


Estas pantasmas foron pintadas polos cativos da nosa escola coa axuda de folliñas do outono para decorar a porta da aula. Seguro que máis de un levou algún sustiño.


Pero ademáis, é realmente asombroso como os pequenos deixan voar a súa imaxinación e a súa creatividade. Unha das actividades coas que inauguramos o samaín foi cunha "chuvia de ideas", na que se proporcionaron ideas de cousas realacionadas co samáin, entre as que deberon escoller unha para pintala e elaborar de maneira conxunta o noso mural terrorífico.





Ao longo de toda a semana, realizamos diferentes traballos sobre este temática.
Un deles foron estas arañas xoguetonas...




Para traballar o divertido conto "Corre, corre. Cabaciña", os nenos disfrutaron plasmando mazás a modo de cabazas que logo decoraron póndolles nariz e olliños. Ademáis, entre todos pintamos a nosa cabaza, que este ano se converteu nun morcego.






E damos por finalizada a semana traballando o conto de "A bruxa regañadentes" e cantando e bailando libremente a canción de María Fumaça "A bruxa maruxa", para posteriormente realizar bruxiñas de samaín estapando as nosas propias mans e decorándoas.

                            






jueves, 26 de octubre de 2017

MERENDAS DE SUSTO

Como ben sabedes, nas nosas escolas contamos cun programa de merendas saudables. Esta semana de celebración do samaín decidimos decorar as nosas merendas apoiándonos nesta temática e converténdoas en merendas terrorificas moi divertidas.

- O luns comemos laranxas dunha maneira un pouco diferente, para colocar as mondas nas nosas bocas e poder dar grandes sustos.
- O martes comemos pequenos biscoitiños coa temática de samaín (pantasmas, monstruos, cabazas...) e fomos vampiros por un intre con grandes colmillos.
- O mércores, cada neno decorou o seu plátano con sirope de chocolate e avelás.
- O xoves pintamos mandarinas a modo de cabazas.
- O venres, os cativos untaron de chocolate galletas que posteriormente decoramos como morcegos pintando as súas grandes ás.

Mirade que gran SUSTOOOOOOO!!




jueves, 19 de octubre de 2017

CHEGOU O SAMAÍN

Esta é unha das épcas mais especiais para os nosos nenos e nenas, xa que disfrutan moito desta festividade: "O SAMAÍN".

Hoxe démoslle a benvida no seixo1 traballando esta temática a través do conto "MONSTRUO ROSA".

Para isto, cada neno de maneira individual realizou a súa plasmación artística a través dun debuxo de como ven ao protagonista deste conto, que posteriormente comentamos entre todos para de maneira grupal realizar os nosos propios monstruos coa plastilina.

O noso novo amigo é diferente aos demais: é un monstruo un pouco especial, é un monstruo de cor rosa.



lunes, 16 de octubre de 2017

NON MÁIS LUME!

O pasado domingo vivimos nas nosas provincias un dos días mais tristes... Numerosos incendios encheron de fume o noso entorno, deixando paisaxes escuras e sen maxia.

Dende a escola do SEIXO 1 quixemos dar o noso apoio e mostrar a nosa solidaridade con todos os afectados. Desta maneira comenzamos a mañá aportando unha "chuvia de ideas" dos danos que ocasionan os incendios no noso entorno e as medidas que podemos tomar para evitar estas situación tan catastróficas.
Os nenos e nenas expresaron a súa dor da seguinte maneira:




De maneira conxunta, e co obxectivo de concenciar aos demáis, decidimos elaborar o noso propio mural en contra dos incendios cos seguintes slogans: "Non é o mesmo arder que queimar"
#QueimanGalicia #LumeNON

Este foi o proceso da súa elaboración e a ilusión dos nenos:




E ESTE O MARABILLOSO RESULTADO!!!


viernes, 13 de octubre de 2017

EXPLORAMOS AS FOLLAS

A verdade é que a estación na que nos atopamos está a darnos moito xogo. Esta semana os nosos pequechos puideron experimentar de novo coas follas do outono e investigar máis en profundidade sobre elas, comprobando a diferencia que existe entre a súa silueta e o seu contorno, dous conceptos moi importantes e diferenciados.

Así foi o noso gran traballo e así quedaron plasmadas as nosas follas:








E por se isto fora pouco, e debido ao gran interese polas follas dos nosos nenos, continuamos coa súa exploración e realizamos simetrías. Coa axuda dun expello e traballando co conto de "ESPEJO", os nenos puideron comprobar que se colocamos a metade dunha folla enfrente do espello conseguiremos este elemento de forma completa. Así tamén traballamos o concepto de metade.


jueves, 5 de octubre de 2017

SAÍDA A BIBLIOTECA E AO MERCADO

Hoxe na escola de SEIXO 1 tivemos unha visita moi especial: compartimos un día estupendo cos nosos compañeiros e compañeiras de Figueiró e de Estás.
Comenzamos a mañá con diferentes xogos de presentación para coñecer aos nenos que comenzaron novos nas escolas e despois... Fomos visitar a nosa amiga IRIS, a macota da biblioteca. Coa súa maxia e a da profe Rebeca, os rapaces e rapazas disfrutaron do conto de "Amelia".

Así de interesante estivo o ambiente na biblioteca... 




Todos levaron un libro de préstamo para ler nas súas casas. Estou convencida que lles vai encantar e animaranse nas vindeiras veces a ir a biblioteca.


Pero o día non rematou aqui... Tamén fomos coñecer unha escultura coa compañía da súa artista, xa que este ano, a través do proxecto de "ARTE", todos os nosos pequenos convertiranse en grandes artistas. 




E para finalizar, fomos de paseo polos diferentes postos do mercado. Estivemos na panadería, na froitería, na carnicería, na pescadería, na floristería... Canto saben dos diferentes alimentos que se atopan en cada un destes postos. Queremos agradecer aos dependentes das tendas pola súa implicación e polo cariño co que nos trataron.


martes, 3 de octubre de 2017

REMATAMOS O NOSO MURAL

Coa finalidade de traballar cos elementos do outono, aproveitamos tamén para decorar un pouco a nosa aula. De maneira conxunta, os nenos e nenas cortaron as follas que recollemos a semana pasada no patio para posteriormente elaborar a nosa propia "folla máxica". Estades convidados a pasar a vela, xa que a temos colgada na porta da nosa aula. 



E para rematar, como cada ano, non podía faltar o noso recuncho da estación... Os nenos pintaron a árbore e persoalizaron as súas follas. Mirade, mirade... 





E ESTE FOI O MAGNÍFICO RESULTADO... Non sei vos, pero eu quedei abraiada coas ganas e ilusión que todos e cada un deles puxeron neste traballo. 




viernes, 29 de septiembre de 2017

CHEGOU O OUTONO

Coa chegada da nova estación, os cativos sairon ao patio do seixo para descubrir os cambios que se producen no outono (caída das follas, cores mais cálidas, piñas...). E que mellor que facendo unha recollida de diferentes follas para posteriormente analizalas e traballar a súa forma e a súa cor.




Como todas as mañás dende a chegada da nova estación, na asemblea aprendemos froitos secos e froitos carnosos e repasamos aqueles que xa coñecíamos. Tamén xogamos conxuntamente ao noso "bingo dos froitos do outono" no que os cativos teñen que adiviñar que froito teñen os demais compañeiros. 




Para profundizar nesta temática de gran interese para os nenos e nenas, elaboramos a nosa propia folla do outono con pan raiado. QUEDARON ESTUPENDAS.




Non podía faltar tamén... A VENDIMA!!
Algúns non resistiron probar antes de ter feito o noso zume de uva.



E para rematar a semana, con moito éxito, elaboramos a "Mesa do Outono". Entre todos indagamos sobre os diferentes froitos que fomos introducindo diariamente para agora... DAR PASO A PROBALOS!! Mirade como lles gusta. 
Queremos dar grazas as familias pola súa colaboración aportando todos estes froitos xa que ata tivemos MEMBRILLO CASEIRO que unha das nosas mamás elaborou para todos.