viernes, 29 de septiembre de 2017

CHEGOU O OUTONO

Coa chegada da nova estación, os cativos sairon ao patio do seixo para descubrir os cambios que se producen no outono (caída das follas, cores mais cálidas, piñas...). E que mellor que facendo unha recollida de diferentes follas para posteriormente analizalas e traballar a súa forma e a súa cor.




Como todas as mañás dende a chegada da nova estación, na asemblea aprendemos froitos secos e froitos carnosos e repasamos aqueles que xa coñecíamos. Tamén xogamos conxuntamente ao noso "bingo dos froitos do outono" no que os cativos teñen que adiviñar que froito teñen os demais compañeiros. 




Para profundizar nesta temática de gran interese para os nenos e nenas, elaboramos a nosa propia folla do outono con pan raiado. QUEDARON ESTUPENDAS.




Non podía faltar tamén... A VENDIMA!!
Algúns non resistiron probar antes de ter feito o noso zume de uva.



E para rematar a semana, con moito éxito, elaboramos a "Mesa do Outono". Entre todos indagamos sobre os diferentes froitos que fomos introducindo diariamente para agora... DAR PASO A PROBALOS!! Mirade como lles gusta. 
Queremos dar grazas as familias pola súa colaboración aportando todos estes froitos xa que ata tivemos MEMBRILLO CASEIRO que unha das nosas mamás elaborou para todos. 



martes, 26 de septiembre de 2017

UNHA ESCOLA CON MOITA MAXIA

Como ben e sabido, quen ten un conto, ten un gran amigo. E os nosos nenos e nenas non o dubidaron nin un so intre. Como cada mañá, damos a benvida a un novo día todos xuntos na asemblea, un intre con un pouco de maxia onde nos damos os bos días, conversamos sobre o feito o día anterior ao despedirnos no cole, actualizamos o noso calendario, pasamos lista, escollemos ao encargado do día e... decimos as palabras máxicas para ler o noso conto diario. Vos tamén queredes aprendelas??

ÁBRETE LIBRO, FALA PARA MIN. CÓNTAME AS COUSAS, QUE AÍNDA NON VIN...




Ademais dos conto, tamén é moi importante saber relaxarnos. MIRADE QUE BEN O FACEMOS!!
A algún que outro se lle escapou un soriso, seica tiñan algo de cóxegas. 





lunes, 25 de septiembre de 2017

MESTURA DE CORES E EMOCIÓNS

Quen coñece os contos de "Así é o meu corazón" e "O monstro de cores"?
Os nosos nenos xa están postos no tema e... ENCÁNTANLLES.






Pola de agora, comenzamos con estes contos, que ademais de atender ás diferentes cores, traballamos tamén a educación emocional e os valores, moi importantes nestas primeiras idades.
En canto o noso amigo "O monstro de cores", decir que de vez en cando aínda se lía coas súas emocións. Pero tranquilos, non hai ningún problema. Porque entre todos axudámoslle a ordenalas. Queredes ver como o conseguimos??





Aproveitando a temática destes libros, fixemos un arco da vella que posteriormente de maneira individual os nenos e nenas pintaron disfrutando da mestura das cores. A verdade é que son moi traballadores!!




domingo, 24 de septiembre de 2017

SETEMBRO, MES DE ANIVERSARIOS

E coa volta ao cole... chegaron tamén os ANIVERSARIOS DOS NOSOS CATIVOS!!
A primeira semana, o noso compañeiro XOEL cumpliu 3 aniños, e tanto el como a súa mamá quixeron compartir con nos este día tan especial con un gran biscoito de flan que entre todos decoramos para darlle un último retoque. 




Aínda que non foi o único, porque esta semana enchémonos de larpeiradas. ULISES e SARA cumpliron 3 e 5 anos, respectivamente. E tamén soplaron as suas veliñas con moita ilusión rodeados de todos os seus amigos.



Sen dúbida ningunha todos disfrutamos cantando, pero sobre todo cumprindo soños e facendo deste día un dos días mais especiais dos nosos pequenos. OS BISCOITOS ESTABAN BOÍSIMOS 😏😏
Moitas gracias familias!

miércoles, 20 de septiembre de 2017

DAMOS COMENZO A UNHA NOVA AVENTURA

BENVIDOS DE NOVO A NOSA ESCOLA.
Outro ano mais os nenos e nenas comenzan con moita ilusión unha nova andadura, chea de experiencias nas que conxuntamente procuraremos desenvolver a sua imaxinación e creatividade. 
Durante os primeiros días a nosa finalidade foi coñecernos e indagar sobre os diferentes gustos de cada un, especialmente daqueles compañeiros novos que nos van acompañar durante este curso. Para iso, comenzamos con diferentes e variados xogos de presentación nos que os cativos disfrutaron cantando e bailando. 





Ademais, conxuntamente en diferentes grupos, os cativos foron os encargados de elaborar e pintar as nosas "normas de aula", que con anterioridade puxemos en común para coñecelas e repasalas. Vistes que magnífico traballo realizaron os nosos pequenos?